¿Cómo funciona el subtitulado en directo?
Utilizamos diversos métodos e ferramentas para crear e ofrecer subtítulos en directo, aínda que a modalidade de traballo que máis empregamos é a interpretación de voz a texto por medio de refalado. Unha vez aprobado e programado un proxecto, o noso equipo de refaladoras e refaladores profesionais traballará con vostede para garantir que a loxística e a configuración técnica estean prontas para o evento. O seu público poderá seguir os nosos subtítulos a través dun navegador de Internet ou integrados nunha plataforma de reunións en liña do tipo de Zoom. Vostede recibirá instrucións sobre como acceder aos subtítulos. Na modalidade presencial, os subtítulos pódense mostrar a través dunha pantalla independente ou superpostos na parte inferior da pantalla principal na que se estean a emitir diapositivas e/ou vídeos.
Exemplo de servizo de subtitulación
Exemplo de servizo de subtitulación en directo prestado con ocasión de entrevista a Roberto Saviano (subtitulación interlingüística de italiano a español) e a Nacho Carretero (subtitulación intralingüística en español) celebrada en setembro de 2023 na praza de María Pita da Coruña. Neste caso, os subtítulos aparecen superpostos na parte inferior da pantalla principal:
Exemplo de como os subtítulos se poden mostrar nun evento presencial a través de pantallas independentes, que neste caso son dúas (visíbeis nos ángulos superior esquerdo e inferior dereito da imaxe).
Exemplo de subtitulación en directo interlingüística de inglés a español realizada a través de Zoom por medio de interpretación simultánea de voz a texto (tamén coñecida como refalado). Na parte inferior central da imaxe obsérvase unha das maneiras en que os subtítulos se poderían mostrar ao público:
Nancy Guevara, unha das nosas intérpretes de voz a texto, en acción no seu lugar de traballo durante un servizo de subtitulación en directo intralingüística inglés>inglés prestado con ocasión dun torneo internacional de tenis. intralingüística inglés>inglés prestado con ocasión de un torneo internacional de tenis.
Loxicamente, necesitamos recibir a fonte de audio e vídeo para podermos producir os subtítulos en directo, que na modalidade intralingüística se xeran no mesmo idioma no que está a intervir a persoa oradora. Para a subtitulación interlingüística, dependendo do tipo de evento e do seu contido, podemos utilizar intérpretes de voz a texto que directamente xeran os subtítulos traducidos en tempo real, ou recorrer a un equipo formado por intérpretes de voz a voz e subtituladores en directo que traballan conxuntamente co fin de garantir uns subtítulos da máxima calidade. Demostración de xeración en directo de subtítulos interlingüísticos de inglés a español mediante a combinación de interpretación simultánea inglés>español e refalado español>español. No ángulo inferior dereito da imaxe de vídeo móstranse os subtítulos que o público vería a través do seu navegador na pantalla do seu ordenador.
Se desexa recibir máis información, non dubide en poñerse en contacto connosco a través do seguinte enderezo de correo electrónico: info.accessmundi@gmail.com.