Vantaxes da subtitulación en directo
Os subtítulos en directo son un valioso complemento para os seus eventos presenciais e en remoto. Estas son algunhas das vantaxes que ofrecen:
Accesibilidade
A principal vantaxe da subtitulación en directo é a mellora da accesibilidade. Os subtítulos en directo non só brindan acceso á información e contidos pertinentes a persoas xordas ou con dificultades auditivas, senón tamén a persoas con perda temporal de audición, persoas con limitacións cognitivas ou persoas que dependen da forma escrita.
Acceso lingüístico
Os subtítulos en directo poden ofrecerse en varios idiomas, o que permite participaren e seguiren os contidos no seu idioma de preferencia ás persoas que non falen a lingua que se utilice nun momento dado durante un evento.
Cumprimento da lexislación
En numerosos países, a lei esixe que os contidos resulten accesíbeis, incluso mediante subtítulos en directo, para garantir que as persoas con discapacidade poidan acceder aos mencionados contidos en igualdade de condicións. O uso de subtítulos en directo axuda as organizacións a cumprir a normativa sobre accesibilidade.
Maior implicación
Os subtítulos en directo poden fomentar a participación en diferentes contextos, como seminarios web, reunións ou calquera outro tipo de evento en liña, xa que permiten ao público seguir o contido máis detalladamente e contribúen así a que a súa implicación no evento se incremente.
Maior retención
Os estudos demostran que as persoas tenden a reter mellor a información cando a ven e a oen simultaneamente. Os subtítulos reforzan o contido falado, o que potencia a retención e os resultados da aprendizaxe.
Mellor experiencia de usuario
Os subtítulos poden resultar especialmente útiles en ambientes ruidosos ou moi concorridos, xa que garanten que a mensaxe se transmita con precisión mesmo cando a calidade do audio é deficiente.
Versatilidade
Os subtítulos en directo poden utilizarse nunha ampla variedade de contextos, tales como eventos en directo, webinarios, reunións en remoto, conferencias, vídeos en redes sociais e contidos educativos, polo que falamos dunha ferramenta de accesibilidade sumamente versátil.
Apoio a persoas non nativas nunha lingua
Os subtítulos facilitan a comprensión de contidos orais a persoas non nativas nunha lingua que poidan ter problemas con acentos, variedades dialectais ou terminoloxía descoñecida.