Sobre AccesMundi
O noso periplo comezou coa ilusión de contribuírmos a que todo o mundo dispoña do mesmo acceso aos contidos dos medios de comunicación e aos eventos en directo, e isto é o que nos motiva cada día.
O noso compromiso coa accesibilidade
Cremos que o acceso á información é un dereito fundamental. Xa se trate dun acto en vivo, un webinario en liña, contidos educativos ou unha reunión de negocios, todo o mundo merece a oportunidade de participar e comprender en igualdade de condicións. O noso compromiso coa accesibilidade constitúe a esencia do noso traballo.
Quen somos
O noso equipo está formado por persoas entregadas á súa tarefa profesional cunha misión común: ofrecer servizos de subtitulación en tempo real e interpretación simultánea precisos y de alta calidade. Cada integrante do noso equipo contribúe cun conxunto único de coñecementos e experiencia para garantir que os nosos servizos non só cumpran as expectativas de vostede, senón que mesmo as superen.
Ao leme do noso barco atópanse as seguintes persoas:
NANCY GUEVARA
é una intérprete de voz a texto que reside en Australia e que conta con formación e cualificacións de refalado.
Comenzou a traballar no desenvolvemento desta complexa habilidade en 2017, cando realizou un programa de formación en refalado intralingüístico na Universidade Macquarie de Sydney. En 2019, tras cursar unha formación especializada na Universidade de Vigo, Nancy converteuse na primeira intérprete de voz a texto cualificada de Australia.
Con máis de 20 anos de experiencia como tradutora e, tras culminar recentemente un Mestrado en Accesibilidade en Medios de Comunicación, Arte e Cultura pola Universidade de Macerata (Italia), Nancy desenvolveu habilidades de gran nivel das que se vale para prestar servizos de interpretación de voz a texto remota de alta calidade para institucións públicas e clientes mundiais de alto perfil.
JACOBO CURRAIS ARCAY
é un tradutor e intérprete de conferencias autónomo con case dúas décadas de experiencia profesional que nos últimos anos engadiu á súa oferta de servizos o subtitulado en directo por medio de refalado, tanto na modalidade intralingüística como na interlingüística.
Ademais, Jacobo ─cuxas linguas de traballo son o galego, o español, o inglés, o portugués, o alemán e o italiano─ imparte docencia na Universidade de Vigo nas áreas de interpretación, tradución e refalado. Na súa faceta de tradutor, Jacobo ten na FIFA a un dos seus principais clientes e até a data cubriu para o sitio web do órgano reitor do fútbol mundial (fifa.com) varias Copas Mundiais, tanto masculinas como femininas, entre outras competicións.
No marco da súa actividade profesional como intérprete de conferencias e subtitulador en directo, Jacobo xa traballou con temas múltiples e variados para institucións públicas e privadas da magnitude da FAO, a OMS e a OCDE ou Inditex, Unilever, HSBC e GSK en acontecementos nos que chegou a interpretar, tanto na modalidade de voz a voz como na de voz a texto, a directivos de grandes multinacionais, premios Nobel, futbolistas famosos e xefes de Estado e de Goberno. Así mesmo, Jacobo publicou artigos académicos sobre o mercado profesional da interpretación e traballa actualmente na súa tese doutoral.
A nosa traxectoria no subtitulado en directo
Tras máis de 15 anos de experiencia no campo da interpretación de conferencias, o noso labor no ámbito da subtitulación en directo comezou hai máis de catro primaveras, cando empezamos a ofrecer o servizo nun momento en que o mundo demandaba formas alternativas de interactuar e de acceder a información e eventos en liña.
Desde entón, o noso equipo non deixou de crecer e evolucionar até converterse nun nome de confianza no sector da subtitulación en directo. Tivemos o privilexio de traballar con clientes moi diversos, como institucións educativas e gobernamentais, empresas, organizacións internacionais, entidades organizadoras de eventos e creadores de contidos. A experiencia afinou as nosas habilidades e o noso compromiso coa accesibilidade tornouse más firme se cabe.
A nosa misión
A nosa misión é contribuírmos a construír un mundo no que a información non coñeza fronteiras. Aspiramos a un futuro no que a subtitulación en directo estea presente en todos os eventos, vídeos e conversas, co fin de facermos do mundo un lugar máis inclusivo para todas as persoas.
¿Por que elixir AccessMundi?
Experiencia de recepción de subtítulos en directo
Utilizamos unha potente ferramenta de subtitulación para facer chegar os nosos subtítulos ao público en diversos formatos: vía URL, de forma que o texto se segue a través dun navegador web, ou inseridos en Zoom ou plataformas similares que se empregan para eventos en remoto. Na modalidade presencial, os subtítulos pódense mostrar a través dunha pantalla independente ou superpostos na parte inferior da pantalla principal na que se estean a emitir diapositivas e/ou vídeos.
Compoñente humano
Con vistas a garantir precisión, intelixibilidade e lexibilidade máximas, os nosos subtítulos están xerados integramente por profesionais cunha ampla experiencia na subtitulación en directo. Estudos recentes demostran que, a pesar dos últimos avances na tecnoloxía de recoñecemento automático da fala, os subtítulos xerados por máquinas, sobre todo cando se trata de traducir contidos en directo, non alcanzan o limiar mínimo de calidade do 98%. Os subtítulos xerados por persoas non só ofrecen un maior nivel de calidade, senón que tamén poden incluír modificacións que se introducen deliberadamente co obxecto de garantir unha mellor comprensión e acceso para públicos específicos (por exemplo, subtítulos de lectura fácil).
Experiencia e pericia
O noso equipo está formado por profesionais da subtitulación en directo e da interpretación simultánea que contan cunha dilatada experiencia e que comprenden os matices da linguaxe, os acentos e a xerga técnica, o que nos permite garantir que o resultado do noso traballo resulte preciso e contextualmente relevante.
Fomento da accesibilidade
Non somos unicamente un fornecedor de servizos, senón que tamén promovemos a accesibilidade. Traballamos en estreita colaboración cos nosos clientes para adaptarmos os nosos servizos ás súas necesidades específicas, de modo que os contidos resulten accesíbeis para todas as persoas.
Contacte con AccessMund
Entusiásmanos embarcarnos nesta viaxe con vostede para facer da accesibilidade unha realidade. Se ten algunha pregunta, necesita máis información ou desexa experimentar o valor do subtitulado en directo, non dubide en poñerse en contacto con AccessMundi. Co seu apoio poderemos crear un mundo máis inclusivo.
Grazas por elixir AccessMundi. Fagamos que a comunicación sexa inclusiva, subtítulo a subtítulo.